Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 02 de agosto de 2002 Páx. 11.966

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (236/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 236/2002, seguidos pola instancia de Luis Manuel Senín Senín contra Servicios AJJE Coruña, S.L. e Fogasa, sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, na data 1-7-2002, coa seguinte parte dispositiva:

Que, aceptando a demanda interposta por Luis Manuel Senín Senín, debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibi-la cantidade de 2.872,71 euros polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e, neste sentido, debo condenar e condeno a empresa Servicios AJJE Coruña, S.L. a que, estando e pasando por tal declaración, faga o pagamento ó demandante da cantidade de 2.872,71 euros polo concepto de salarios e liquidación máis o 10% de xuros de mora desde a data do devengo das anteriores cantidades.

E debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos supostos previstos no artigo 33 do E.T.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que, contra a referida sentencia cabe recurso de suplicación, que deberá anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días desde a notificación desta resolución, por comparecencia ou por escrito das partes, do seu avogado ou representante legal, designando o letrado que deberá interpoñelo, sendo posible o anuncio pola mera manifestación daquela ó ser notificada, e que será resolto, se é o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, así mesmo, acreditar ó anuncia-lo recurso ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no BBV, identificador 5602-60, podendo substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta, identificador 5602, en calidade de depósito e nun impreso separado ó importe da

condena.

Así, por esta miña sentencia, o pronuncio, mando e asino.

E para que lle sirva de notificación a Servicios AJJE Coruña, S.L. que tivo o seu último domicilio coñecido en r/ de la Merced, 65, baixo, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 1 de xullo de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado