Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 02 de agosto de 2002 Páx. 11.967

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (61/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 61/2002, por instancia de Domingo López Pazos contra INSS e outras sobre invalidez, nos que se dictou sentencia con data 1-7-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Que, estimando a demanda formulada por Domingo López Pazos, absolvo dela as demandadas Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Fraternidad-Mupresopa, Mariano Zapara, S.L. e Tesourería Xeral da Seguridade Social, confirmando en tódolos seus extremos a resolución impugnada.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente perante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Mariano Zapata, S.L., expido e asino a presente cédula na Coruña o 1 de xullo de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado