Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 02 de agosto de 2002 Páx. 11.966

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (61/2002).

No nome de El-Rei.

En Santiago de Compostela o 20 de xuño de 2002.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade, dictou a presente resolución no xuízo de faltas seguido neste xulgado coa referencia nº 61/2002, no que actuaron como partes: como denunciante, Victoriano Posse Martínez, e como denunciados, José Antonio Pena Rosende e María Ángeles Cacheiro Durán.

Foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo absolver e absolvo a José Antonio Pena Rosende e María Ángeles Cacheiro Durán da falta que se lles imputaba, con declaración das custas de oficio.

Contra esta sentencia os interesados poderán interpor recurso de apelación para presentar ante a audiencia provincial no prazo de cinco días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se exporán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal en que se basee a impugnación, e fixarase o domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción de normas ou garantías procesuais que causaren a indefensión do recorrente, en termos tales que non poida ser corrixida na segunda instancia, citaranse as normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas e expresaranse as razóns da indefensión. Así mesmo, deberase acreditar ter pedido a corrección da falta ou infracción na primeira instancia, salvo no caso de se teren cometido no momento en que for xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de

formalización, o recorrente poderá pedi-la práctica de probas que non puido propor en primeira instancia, das propostas que lle foron indebidamente denegadas, sempre que formulase a oportuna reserva, e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle sexan imputables, expondo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciu indefensión.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, o pronuncio, mando e asino.

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Victoriano Posse Martínez, actualmente en paradoiro descoñecido, e para súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido esta cédula en Santiago de Compostela o vinte de xuño de dous mil dous.

O/A secretario/a

Rubricado