Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 02 de agosto de 2002 Páx. 11.965

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de arquivos, bibliotecas e museos, convocado pola Orde do 8 de abril de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 199, do 15 de outubro), pola que se anulan catro preguntas da primeira proba (test) do primeiro exercicio da fase de oposición.

Na súa sesión do día 29 de xullo de 2002, o tribunal adoptou o seguinte acordo:

Detectados erros nas preguntas nº 39 e 86 da especialidade de museos, no nº 50 da especialidade de arquivos e a nº 100 na especialidade de bibliotecas correspondentes á primeira proba do primeiro exercicio da fase da oposición (test) feito que podería condicionar de maneira importante a contestación das preguntas e para garantir que na dita proba se poñan de manifesto, en todo caso, as condicións de coñecemento e aptitude dos aspirantes, como esixe a normativa vixente, o tribunal acorda declarar anuladas e ter como non postas as preguntas anteriormente indicadas.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2002.

Xavier Senín Fernández

Presidente do tribunal

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA