Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 02 de agosto de 2002 Páx. 11.965

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de biólogos, pola que se anulan dúas preguntas do primeiro exercicio (test), se publican as puntuacións do primeiro exercicio e se fixan a data, o lugar e a hora de realización do segundo exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 29 de xullo de 2002, o tribunal designado pola Orde do 25 de abril para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de biólogos, convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001,

ACORDOU:

-Anula-las preguntas número 69 e 91 do primeiro exercicio da fase de oposición, por non ser correcta a súa formulación.

-Corrixi-lo modelo de respostas válidas publicado polo tribunal no que respecta á pregunta nº 22 na que a resposta correcta é a d) en lugar da b), á pregunta nº 64 na que a resposta correcta é a a)

en lugar da c), e á pregunta nº 82 na que a resposta correcta é a b) en lugar da c)

-Establece-lo número de respostas correctas para acada-la puntuación mínima en 54, de conformidade co establecido na base II.2.1 da orde de convocatoria.

-Facer públicas as puntuacións do primeiro exercicio da fase de oposición que se atopan expostas no lugar de realización do primeiro exercicio e nos servicios de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

-Convoca-los aspirantes que superaron o primeiro exercicio para a realización de segundo exercicio da fase de oposición que terá lugar o día 21 de setembro, nas aulas 9 e 10 da Escola Galega de Administración Pública sita na rúa Madrid, 2-4 en Santiago de Compostela, ás 8.45 horas.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2002.

Eduardo Suárez Campo

Secretario do tribunal