Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 02 de agosto de 2002 Páx. 11.965

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos industriais, pola que se anula unha pregunta do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 26 de xullo de 2002, o tribunal designado pola Orde do 25 de abril de 2002 da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos industriais, convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001, acordou:

Anula-la pregunta nº 24 do cuestionario do exame obxecto do primeiro exercicio da fase de oposición por considerar que contén máis dunha resposta correcta.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2002.

Ramón Ordás Badía

Presidente do tribunal