Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 02 de agosto de 2002 Páx. 11.964

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 11 de xullo de 2002 pola que se publica o tipo de xuro nominal dos préstamos que se formalicen no segundo semestre de 2002 ó abeiro do programa de préstamos para financiar produccións audiovisuais na Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG nº 143, do 26 de xullo de 2002, procede face-las seguintes correccións:

Na páxina 11.721, no título, onde di: «Resolución do 11 de xullo de 2002 pola que se publica o tipo de xuro nominal...», debe dicir: «Resolución do 11 de xullo de 2002 pola que se publica o tipo de xuro de referencia...».

Na páxina 11.721, no RESOLVO: onde di: «Primeiro.-O tipo de xuro nominal...», debe dicir: «Primeiro.-O tipo de xuro de referencia...».

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA