Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 31 de xullo de 2002 Páx. 11.909

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 27 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a resolución de revogación do 27 de maio de 2002 das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo FM 342B 2000/2547-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de revogación das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 13-3-2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo), publícase:

1º Expediente de procedemento: FM 342B 2000/2547-5.

Orde da convocatoria: 13 de marzo de 2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo).

Interesado: José Prado Fontao.

Enderezo: Gregorio Espino, 23 36205 Vigo (Pontevedra).

Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de data 27 de maio de 2002, ó abeiro da Orde do 13-3-2000.

Resolución.

Visto o recurso de reposición interposto polo interesado, notifícolle a resolución dictada por esta delegación provincial.

Antecedentes.

Primeiro.-A Resolución do 24-1-2001, notificada o 30-1-2001, desestimou a solicitude de axudas á contratación indefinida.

Segundo.-O interesado presentou recurso de reposición contra a devandita resolución o 26-2-2001.

Fundamentos.

Primeiro.-A competencia desta delegación provincial para resolve-lo recurso, por delegación da conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, vén determinada polo artigo 3.1º e a disposición adicional terceira da Orde do 13 de marzo de 2000 (DOG do 27 de marzo) pola que se establecen os programas de fomento da contratación e da estabilidade no emprego, en relación co artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segundo.-As alegacións e xustificacións achegadas polo recorrente permiten estima-las pretesións relativas á concesión das axudas solicitadas.

Terceiro.-A solicitude foi presentada en prazo hábil e cúmprense tódolos requisitos e condicións esixidas na orde de convocatoria para os tipos de

axuda que se solicitan. En consecuencia, logo da correspondente fiscalización, procede concede-las axudas e subvencións nas contías e pola contratación dos traballadores que se indican:

Traballador: Suárez García, Isabel.

DNI: 53178697-Y.

TC%: C.

Contía: 2.404,05.

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial

RESOLVE:

1. Revoga-la resolución desestimatoria do 24-1-2001.

2. Conceder a José Prado Fontao as axudas e subvencións pola contratación indefinida de 1 traballador nas contías seguintes:

Axuda pola contratación indefinida de 1 traballador, por un importe total de 2.404,05 A.

3. Condiciona-lo pagamento destas axudas e subvencións, de conformidade coa base novena do anexo B da orde de convocatoria, á presentación por parte do beneficiario, no prazo de 10 días hábiles desde o seguinte ó da presente notificación, dun exemplar, orixinal ou fotocopia compulsada, da documentación que se indica:

-Certificado de atoparse ó día nos pagamentos á Seguridade Social.

-Certificado de atoparse ó día na Axencia Estatal Tributaria.

-Certificado de non ter contraídas débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

-Declaración expresa, á data actual, comprensiva de tódalas axudas e subvencións solicitadas ou concedidas para este mesmo proxecto, ou, de se-lo caso, de que non solicitou ou percibiu ningunha axuda e subvención das distintas administracións públicas.

-TC1 e TC2 dos seguintes meses: decembro/99, setembro/00, xuño/01 e marzo/02.

-Alta no imposto de actividades económicas, ou xustificante do pagamento do último recibo.

4. Lembrarlle ó beneficiario as obrigas de mantemento, información e comunicación establecidas na base décima do anexo B da orde reguladora, así como a revogación e o reintegro da subvención no caso de incumprimento, previsto no artigo 11 da citada orde.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela o interesado pode interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da presente notificación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo (BOE do 14 de xullo) reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 27 de maio de 2002. P.D. Joaquín Macías Sánchez, delegado provincial de Pontevedra.

Os correspondentes expedientes obran no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.

Vigo, 27 de xuño de 2002.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra