Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 31 de xullo de 2002 Páx. 11.908

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 27 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a resolución de revogación do 6 de xuño de 2002 das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo FM 343B 2001/1000-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de revogación das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 10-5-2001 (DOG nº 97, do 22 de maio), publícase:

1º Expediente de procedemento: FM 343B 2001/1000-5.

Orde da convocatoria: 10 de maio de 2001 (DOG nº 97, do 22 de maio).

Interesado: Promociones Pisara, S.L.

Enderezo: praza España 8, baixo, 36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude do 6 de xuño de 2002, ó abeiro da Orde do 10-5-2001.

Resolución.

Examinada a solicitude de axudas pola contratación indefinida de traballadores, presentada por Salustiano Vidal Cabanillas, en nome e representación de Promociones Pisara, S.L. (no seu propio nome) e tendo en conta os seguintes:

Antecedentes.

Primeiro.-A solicitude foi presentada o 14-9-2001 e estimada na Resolución do 23-10-2001, pola que se lle concedeu ó interesado unha axuda por un importe total de 2.404,05 euros pola contratación indefinida de 1 traballador.

Segundo.-O pagamento da subvención concedida condicionouse á presentación da documentación e

ó cumprimento das obrigas establecidas na orde de convocatoria.

Terceiro.-O beneficiario non achegou de forma correcta e no prazo indicado a seguinte documentación:

Certificados de estar o día nos pagamentos á Seguridade Social.

Cuarto.-Na tramitación do presente expediente observáronse tódolos requisitos e prescricións legais.

Fundamentos.

Primeiro.-A competencia corresponde a esta delegación provincial en virtude do artigo 3 da Orde do 10 de maio de 2001 pola que se establecen os programas de fomento da contratación e da estabilidade no emprego para o ano 2001.

Segundo.-O artigo 11 da orde reguladora determina a revogación das axudas e subvencións concedidas nos casos e nos termos previstos no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial

RESOLVE:

Revoga-la resolución desta delegación provincial do 23-10-2001, pola que se lle concedeu ó interesado unha axuda por un importe total de 2.404,05 euros pola contratación indefinida de Eva Mª Pesado Muñiz.

Notifíqueselle ó interesado esta resolución, que pon fin a vía administrativa e contra a que cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa notificación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, pode interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, ante esta delegación provincial, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 6 de xuño de 2002. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial de Pontevedra.

Os correspondentes expedientes están no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.

Vigo, 27 de xuño de 2002.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra