Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 31 de xullo de 2002 Páx. 11.907

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 26 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a Resolución do 27 de maio de 2002 de concesión de incentivos á contratación indefinida con orixe en plans empresariais de incremento da estabilidade laboral do expediente administrativo FM 343G 2001/280-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución

de concesión das axudas a incentivos á contratación indefinida con orixe en plans empresariais de incremento da estabilidade laboral do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 27-4-2001 (DOG nº 92, do 14 de maio), publícase:

1. Expediente de procedemento: FM 343G 2001/280-5.

Orde de convocatoria: 27 de abril de 2001 (DOG nº 92, do 14 de maio).

Interesado: Centro de Radiología Dental, S.L.

Enderezo: Colón 37, 4º A 36201 Vigo (Pontevedra).

Asunto: resolución por delegación ó abeiro da Orde do 27-4-2001 do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de data 27 de maio de 2001.

Parte dispositiva da resolución:

ACORDA:

1. Conceder a Centro de Radiología Dental, S.L. as axudas e subvencións con orixe no plan de incremento da estabilidade laboral, por unha contía de 10.006,85 A, pola contratación de 2 traballadores, acadando unha taxa de estabilidade de 66,67%.

2. Condiciona-lo pagamento destas axudas e subvencións, de conformidade co artigo 13 da orde de convocatoria, á presentación por parte do beneficiario no prazo de 10 días hábiles desde o seguinte ó da presente notificación dun exemplar, orixinal ou fotocopia compulsada, da documentación que se indica:

Documentación acreditativa de que se encontran ó día nas súas obrigas tributarias, estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, e de que non teñen pendente ningunha débeda por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Declaración da condición de PEME.

3. De non presentarse no prazo indicado ou de non ser correcta ou concorde co solicitado, procederase segundo o caso a revogación total ou parcial da axuda concedida (art. 17 da orde de convocatoria)

4. Lembrarlle ó beneficiario do necesario cumprimento das obrigas de mantemento, información e comunicación consideradas nos artigos 15 e 16 da orde de convocatoria.

Notifíqueselle ó interesado esta resolución, que pon fin á vía administrativa e contra a que cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa notificación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, pode interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, ante esta delegación provincial, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-admi

nistrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 27 de maio de 2002. P.D. Joaquín Macías Sánchez, delegado provincial de Pontevedra.

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.

Vigo, 26 de xuño de 2002.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra