Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 31 de xullo de 2002 Páx. 11.907

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 26 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o acordo de inicio do procedemento de reintegro do 22 de maio de 2002 das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo FM Reint. 2002/50-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado do acordo de inicio do procedemento de reintegro da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 27 de abril de 1998 (DOG do 30 de abril), publícase:

1. Expediente de reintegro: FM Reint. 2002/50-5.

Orde de convocatoria: 27 de abril de 1998 (DOG do 30 de abril).

Interesado: Inconta, S.L.

Enderezo: avda. García Barbón nº 30, 3º-5 36201 Vigo (Pontevedra).

Asunto: acordo de inicio do procedemento de reintegro do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de data 22 de maio de 2002, ó abeiro da Orde do 27-4-1998.

ACORDO:

Comprobada por esta delegación provincial, ó abeiro do artigo 28 da Orde de 27 de abril de 1998 (DOG do 30 de abril) reguladora dos programas de

fomento por contratación de conta allea para o exercicio de 1998, a baixa dos traballadores que de seguido se relacionan, sen que consten as súas substitucións nas condicións esixidas polo artigo 27 da citada orde:

Apelidos e nomeDNIData inicio

contrato

Data fin

contrato

Mera Asensio, José Ignacio1179595019-2-199815-11-1999

Rodríguez Monreal, Marcos361287397-8-199831-12-2000

López Rey, José Antonio3611368123-4-199831-12-2000

Acevedo Lomba, Mª Isabel3556890021-4-199812-3-1999

Sánchez Fernández, César3284241713-8-199831-12-2000

Fernández Troncoso, Jacobo361359744-5-199830-7-1999

Santorio Rodríguez, Diego3615708416-2-199830-8-1999

Pérez Paz, Manuel7641129418-8-199831-12-2000

Barros Alonso, Eleazar3556094119-2-199817-3-1999

Dalmeira Oliveira, Paulo A.X224042O13-4-199828-4-1999

ACORDO:

1. Iniciar en exercicio da competencia atribuída polo artigo 20.2º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro (DOG do 11 de decembro) o procedemento de reintegro das subvencións concedidas pola contratación indefinida dos citados traballadores.

2. Dar trámite de audiencia ó interesado, concedendo a Inconta, S.L. un prazo de 10 días hábiles para formula-las alegacións e achega-los documentos que estime pertinentes.

Vigo, 22 de maio de 2002. P.D. O delegado provincial. Asdo.: Joaquín Macías Sánchez.

Os correspondentes expedientes están no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.

Vigo, 26 de xuño de 2002.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra