Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 31 de xullo de 2002 Páx. 11.906

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social 208/2002.

Non sendo atopados no domicilio coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a seguir, resolvo notificar por este medio, ó abeiro do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días a partir do día seguinte á súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución, na Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais de Pontevedra, todo

isto ó abeiro do establecido no artigo 18.2º do R.D. 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 208/2002.

Acta nº: 419/2002.

Empresa: Álvaro Cuiña Fernández.

DNI/NIF: 76809988-Q.

Enderezo: Lg. San Miguel de Castro-Silleda.

Materia: laboral.

Proposta de sanción: 150,26 A.

Documentos que constan no expediente:

-Acta de infracción.-Xustificante da notificación.

Vigo, 8 de xullo de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Vigo

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE