Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 31 de xullo de 2002 Páx. 11.910

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para proceder á contratación con carácter de contrato administrativo especial dos servicios de cafetería en centros dependentes desta delegación provincial.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso público, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para proceder á contratación, con carácter de contrato administrativo especial, dos servicios de cafetería de centros dependentes desta delegación provincial.

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Asuntos Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Números de expediente: 01/2002, 02/2002, 03/2002.

2. Obxecto: contratación dos servicios de cafetería.

Exp. 01/2002: residencia de maiores As Gándaras de Lugo.

Exp. 02/2002: centro social de Ribadeo.

Exp. 03/2002: Casa do Mar de Foz.

3. Prazo de execución: 1 ano, prorrogable por períodos anuais.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

5. Canon mínimo de explotación.

Exp. 01/2002: servicio de cafetería da residencia de maiores As Gándaras de Lugo, 725 A anuais.

Exp. 02/2002: Servicio de Cafetería do Centro Social de Ribadeo, 300 A anuais.

Exp. 03/2002: Servicio de Cafetería da Casa do Mar de Foz, 2.915,52 A anuais.

6. Garantía provisional: non se esixe.

7. Garantía definitiva: será de 300 A para tódolos contratos.

8. Obtención de documentación e información: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse na Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Asuntos Sociais (Ronda da Muralla, nº 70), durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 9 ás 14 horas, en días hábiles, excepto sábados. Teléfonos: 982 29 41 01 ou 982 29 44 50.

Así mesmo poderase obte-la mesma información a través da Internet nos enderezos URL:

Exp. (01/2002): http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1560

Exp. (02/2002): http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1566

Exp. (03/2002): http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1567

9. Requisitos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Solvencia técnica, económica e financeira: acreditarase mediante calquera dos medios previstos na Lei de contratos das administracións públicas.

10. Presentación de ofertas.

a) Prazo de presentación: será de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a data límite será o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que presentarán os licitadores: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo (Ronda da Muralla nº 70, CP 27071), en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposiciones se cursan por correo, terá que xustificarse a data de presentación e a comunicación o mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax.

11. Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións, na sala de reunións da Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Asuntos Sociais, sita na Ronda da Muralla nº 70. Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte, á mesma hora.

12. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase o seu respectivo contido e o nome do licitador.

13. Os gastos derivados deste anuncio serán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 17 de xullo de 2002.

P.D. (Orde 19-12-2001)

Ascensión Yeguas Sánchez

Delegada provincial de Lugo