Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 31 de xullo de 2002 Páx. 11.911

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2002 pola que se fixa a data na que se procederá ó pagamento dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do proxecto de modificación do Plan Especial de Protección e Reforma Interior do casco histórico de Ourense na unidade UE-4, zona 12 (Ourense).

O expediente de expropiación forzosa dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do proxecto de modificación do Plan Especial de Protección e Reforma Interior do casco histórico de Ourense na unidade UE-4, zona 12 (Ourense) foi aprobado conforme o artigo 145 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, e a Orde do 30 de decembro de 1999, polo director xeral de Urbanismo con data 19 de xuño de 2002. Segundo o establecido no artigo 146.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, o acordo de aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados.

Na súa virtude, acórdase que Xestión Urbanística de Ourense, S.A., beneficiaria da expropiación, en cumprimento do disposto no artigo 38 da Lei 6/1998, do 13 de abril, de réxime de solo e valoracións, o artigo 146.2º e 3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, o artigo 202 e seguintes do Regulamento de xestión urbanística, aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, e o artigo 48 e seguintes do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957, proceda a verifica-lo aboamento ou, se é o caso, consignación dos prezos xustos dos bens e dereitos afectados o día 6 de agosto de 2002, ás 10 horas.

Ó devandito acto convócase a:

Nº predio: 3 A.

Titulares: Luis Álvarez Rodríguez e Mª de las Victorias Álvarez Rodríguez.

Euros: 32.253,22.

Total: 33.253,22 euros.

O pagamento será efectuado polo pagador no salón de actos do Concello de Ourense, Xestión Urbanística de Ourense, S.A., en presencia do alcalde, o secretario do concello e o representante da Administración.

O que se fai público para xeral coñecemento, advertindo que o pagamento se fará a aqueles interesados que acheguen certificación rexistral ó seu

favor, na que conste que se expediu a nota do artigo 32 do Regulamento hipotecario ou, no seu defecto, que acheguen os títulos xustificativos do seu dereito, completados por certificación negativa do Rexistro da Propiedade referida o mesmo predio descrito en tales títulos, conforme o artigo 205 do Regulamento de xestión urbanística, aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto.

Non se admitirá representación senón por medio de poder debidamente autorizado, xa sexa xeral, xa sexa particular para este caso, debendo achega-la documentación necesaria para acredita-la sucesión no caso de ser herdeiros; así mesmo os comparecentes deberán identificarse co documento nacional de identidade ou, no seu lugar, polo coñecemento directo que testemuñen o alcalde ou o secretario do concello.

Notifíqueselle-la resolución a tódolos titulares dos bens e dereitos que figuran no expediente, e publíquese este acordo no Diario Oficial de Galicia, no BOP e no taboleiro de edictos do concello. A publicación desta resolución serviralles de notificación ós propietarios descoñecidos, a aqueles dos que se ignore o lugar de notificación ou ben, tentada esta, non se puidese realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro).

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2002.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo