A Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas pola orde da Consellería de Sanidade do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril) resolve anuncia-la adxudicación que a continuación se cita:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Xerencia de Atención Primaria Pontevedra-Vigo (Sergas).
b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación Administrativa, rúa México 26, 1ª planta.
c) Número de expediente: 21/2002 S.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: subministración.
b) Descrición do obxecto: subministración de apósitos húmidos (alxinatos, hidrocelulares e carbón prata).
c) Lote: 6 lotes.
d) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 95, do luns 20 de maio de 2002.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación. Importe total: 114.182,91 euros.
5. Adxudicación.
a) Data: 24 de xuño de 2002.
b) Contratista: Johnson & Johnson, S.A.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe da adxudicación: 110.146 euros.
Vigo, 26 de xuño de 2002.
Ángel Martín Santos
Director xerente de Atención Primaria
de Pontevedra-Vigo