Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 31 de xullo de 2002 Páx. 11.912

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ABEGONDO

ANUNCIO de licitación.

O Concello de Abegondo anuncia a contratación, mediante concurso con procedemento aberto, da obra denominada estrada de Cerneda a Vizoño, incluída no Plan XXI de infraestructuras locais de transporte e de travesías municipais 2002.

1. Tipo de licitación.

72.087,06 A.

2. Prazo de execución.

Tres meses.

3. Presentación de proposicións.

No rexistro xeral do concello, de 9 a 13 horas, durante o prazo de 26 de días naturais, que comezarán a contar desde o día seguinte á última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

4. Fianzas.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

5. Apertura de proposicións.

Terá lugar ás 13 horas do segundo día natural seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, se cadrase en domingo ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

6. Pregos de cláusulas administrativas.

Os aprobados pola Deputación Provincial da Coruña, para as obras comprendidas nos plans provinciais, publicados no BOP número 78, do 4 de abril de 2001.

7. Modelo de proposicións.

«Don..., con domicilio en..., rúa..., número..., teléfono..., fax..., con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) número..., actuando en nome propio (ou en representación de..., DNI ou CIF número..., e con domicilio en..., número..., teléfono...) toma parte no concurso, con procedemento aberto, para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de..., e para tal efecto fai constar:

1. Que ofrece o prezo de... (IVE incluído), que significa unha baixa de..., en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas deriven dos pregos de cláusulas administrativas particulares do presente contrato.

3. Que achega a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

En..., ... de... de 2002.

O liciatador (asinado e rubricado).»

8. Documentación.

A esixida na cláusula 12 do prego de cláusulas.

Os gastos dos anuncios do concurso serán por conta do contratista que resulte adxudicatario.

Abegondo, 11 de xullo de 2002.

José Antonio Santiso Miramontes

Alcalde