Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 31 de xullo de 2002 Páx. 11.913

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARIÑO

EDICTO.

O Pleno do Concello de Cariño, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 20-6-2002, acordou a suspensión de licencias urbanísticas na zona afectada polo polígono industrial e polas vías de entrada e saída a este, e que afecta a varias parcelas da zona das Casas Novas, polo sur, e de Barreiros, polo norte. Dáse publicidade deste acordo en cumprimento do establecido no artigo 34.1º da LSG.

En Cariño o 21 de xuño de 2002.

Fernando Tallón Cabana

Alcalde