Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 31 de xullo de 2002 Páx. 11.913

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEDEIRA

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

Obxecto.

É a contratación, por concurso con procedemento aberto, da obra que se indica a seguir, incluída no Plan XXI de infraestructuras locais de transporte e de travesías municipais-2002, da deputación provincial.

Obra: pavimentación con aglomerado asfáltico e rede separativa de pluviais na avenida Castelao (1ª fase).

Orzamento: 88.870,95 A.

Fianza provisional: 2% do tipo de licitación.

Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Pregos e proxectos.

Rexerá o prego de condicións tipo aprobado por acordo da deputación provincial o día 30 de marzo de 2001, publicado no BOP nº 78, do 4 de abril, que poderá ser examinado conxuntamente co proxecto na secretaría do concello, durante o prazo de presentación de proposicións e en horas de oficina.

Presentación de proposicións.

No Rexistro Xeral de Entrada de Documentos do concello, das 9 ás 13 horas, dentro do prazo dos 26 días naturais seguintes, contados desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, en dous sobres pechados, que poderán ser lacrados e precintados, asinados polo licitador ou persoa que o represente, e coa documentación esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Apertura de proposicións.

En acto público, ás 18 horas do primeiro mércores hábil seguinte á data en que remate o prazo de presentación de proposicións.

Proposicións: axustaranse ó modelo indicado no anexo III do prego de condicións.

Modelo de sobre: axustarase ó modelo indicado no anexo III do prego de condicións.

Os gastos derivados deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Cedeira, 25 de xuño de 2002.

Xoán Xosé Rodríguez Pérez

Alcalde-presidente