A Corporación Municipal, en sesión plenaria celebrada o día 28-6-2002, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para a ordenación de
volumes na avda. Breogán, esquina rúa Monte Pena Maior, promovido por José Constantino Núñez Vázquez, S.A.
Faise público para os efectos determinados no artigo 70.2º da Lei 7/1985, en consonancia co 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.
Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galciia, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso,calquera outro recurso que se considere procedente.
Lugo, 5 de xullo de 2002.
Mª Eva Martín Minguela
Vicesecretaria
Visto e prace
P.D. (Decreto alcaldía 60/1999)
José Ramón Gómez Besteiro
Tenente alcalde delegado de área