Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 30 de xullo de 2002 Páx. 11.843

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de Técnicas Medioambientales-Tecmed, S.A. (centro de traballo de Santiago de Compostela).

Visto o expediente do convenio colectivo de Técnicas Medioambientales-Tecmed, S.A. (centro de traballo de Santiago de Compostela), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 27-6-2002, subscrito en representación da parte económica por Tecmed, S.A., e da parte social polo comité de empresa o día 24-5-2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depó

sito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 3 de xullo de 2002.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta da comisión paritaria do convenio colectivo de Técnicas Medioambientales-Tecmed, S.A.

Asistentes:

Pola empresa: Antonio Gómez García.

Pola parte social:

Luis Cebro Sousa.

José Míguez Suárez.

Agustín Vázquez Guerra.

Juan Manuel Míguez Mirás.

Evaristo Montaos Vieites.

Alfredo Santomil García (ases. CIG).

En Santiago de Compostela, ás 12 horas do día 24 de maio de 2002, reúnense as persoas arriba relacionadas, como membros da comisión paritaria do convenio colectivo da empresa Técnicas Medioambientales-Tecmed, S.A., co obxecto de proceder a aplica-la revisión económica que establece o artigo 17 do convenio colectivo.

Regularízanse as táboas salariais correspondentes ó ano 2001, pola aplicación do IPC resultante o 31-12-2001, o 2,7%, máis o 1%, de acordo co establecido no artigo 16 (anexo I).

Despois de feita esta regularización, aplícase a suba salarial pactada para 2002, con efectos do 1-1-2002, nun 3%, sobre as táboas anteriores (anexo II).

Os premios de xubilación que establece o artigo 30º do convenio colectivo quedan nos seguintes importes:

20012002

IdadePesetasEurosEuros

60 anos466.7732.805,36 2.889,53

61 anos369.8982.223,132.289,83

62 anos290.6331.746,741.799,14

63 anos193.2971.164,501.199,43

64 anos123.297 741,03763,26

O fondo para bolsas, artigo 36 do convenio, queda fixado en 634.376 ptas. (3.812,68 A), para 2001, e en 3.927,06 A, para 2002.

Acórdase remitir esta acta, cos seus anexos, á Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Xus

tiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia para que se proceda ó seu rexistro e posterior publicación no boletín oficial correspondente.

Sen máis asuntos que tratar, dáse por rematada a reunión ás 13 horas do día do encabezamento.

Salarios para 2001 (revisión)

Pesetas

CategoríaSalario baseComplemento T.P.P.Complemento E.C.Complemento trans.IncentivosSalario anual

Peón124.18424.837011.26002.389.062

Conductor130.07313.00716.25911.26002.534.962

Vixilante130.07313.00716.25911.26002.534.962

Mecánico130.07326.01533.06711.26002.892.754

Auxiliar administrativo124.184026.83311.26002.466.680

Administrativo141.781030.78211.26002.799.119

Xefe de servicios141.78128.35630.78211.26087.4264.420.067

Euros

CategoríaSalario baseComplemento T.P.P.Complemento E.C.Complemento trans.IncentivosSalario anual

Peón746,36149,27067,67014.358,45

Conductor781,7678,1897,7267,67015.235,56

Vixilante781,7678,1897,7267,67015.235,56

Mecánico781,76156,35198,7467,67017.385,84

Auxiliar administrativo746,360161,2767,67014.824,99

Administrativo852,120185,0167,67016,823,07

Xefe de servicios852,12170,42185,0167,67525,4426.565,11

Salarios para 2002

Pesetas

CategoríaSalario baseComplemento T.P.P.Complemento E.C.Complemento trans.IncentivosSalario anual

Peón128.24825.650011.50502.482.438

Conductor134.31313.43116.78911.5050

Vixilante134.31313.43116.78911.50502.633.590

Mecánico134.31326.86334.05911.50503.002.014

Auxiliar administrativo128.248027.63811.50502.561.570

Administrativo146.372031.70611.50502.906.331

Xefe de servicios146.37229.27431.70611.50590.0494.576.853

Euros

CategoríaSalario baseComplemento T.P.P.Complemento E.C.Complemento trans.IncentivosSalario anual

Peón770,78154,16069,15014.919,71

Conductor807,2480,72100,9069,15015.828,21

Vixilante807,2480,72100,9069,15015.828,21

Mecánico807,24161,45204,7069,15018.042,57

Auxiliar administrativo770,780166,1169,15015.395,33

Administrativo879,720190,5669,15017.467,59

Xefe de servicios879,72175,94190,5669,15541,2127.507,69

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA