Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 30 de xullo de 2002 Páx. 11.843

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2002 sobre homologación dun curso para guías turísticos de Galicia.

Ó amparo do disposto na derradeira disposición primeira, do Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxe, guías de turismo e turismo activo e para os efectos establecidos no artigo 32 e 33 do referido decreto, esta consellería resolve homologa-lo seguinte curso organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo Oro ártabro: El tesoro de Elviña y su contexto en el mundo castreño, que se celebrará na Coruña do 22 ó 24 de xullo, cunha duración de 20 horas lectivas.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2002.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo