Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 30 de xullo de 2002 Páx. 11.842

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 26 de xuño de 2002 pola que se integra no colexio rural agrupado Nosa Señora do Faro de Ponteceso a escola de educación infantil Divino Salvador do concello de Ponteceso (A Coruña).

Examinado o expediente incoado pola escola de educación infantil Divino Salvador do concello de Ponteceso polo que solicita a integración no colexio rural agrupado Nosa Señora do Faro de Ponteceso.

Vistos o Decreto 374/1996, do 17 de outubro, (DOG do 21 de outubro), polo que se aproba o Regulamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria e a Orde do 22 de xullo de 1997 (DOG do 2 de setembro) pola que se regulan determinados aspectos de organización e funcionamento das escolas de educación infantil, dos colexios de educación primaria e dos colexios de educación infantil e primaria dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Tendo en conta que tódolos documentos xustifican a dita integración, esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa

DISPÓN:

Integrar no colexio rural agrupado Nosa Señora do Faro de Ponteceso a escola de educación infantil Divino Salvador, segundo os datos que figuran no anexo.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Localidade: Trabe.

Centro: colexio rural agrupado Nosa Señora do Faro.

Código centro: 15027848.

Zona educativa: Ponteceso (150563).

Modificación: intégrase no colexio rural agrupado Nosa Señora do Faro de Ponteceso a escola de educación infantil Divino Salvador, código 15013266, e, polo tanto, este centro desaparece como tal.

Composición resultante.

Unidades.

Educación infantil: 5.

Educación primaria: 1.

Total: 6.

LocalidadePostos de traballo

EIEP

Barantuas de Arriba 1 -

Campara 1 -

Froxán 1-

Pazos 1-

LocalidadePostos de traballo

Tallo -1

Trabe 1-

Educación física: 1.

Educación musical: 1.

Total postos de traballo: 8.

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO