Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 30 de xullo de 2002 Páx. 11.845

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2002, do tribunal V-B para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso á cateogía 3 (ordenanza, telefonista e outros) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia pola que se lle dá publicidade á data de realización do terceiro exercicio (exame de galego).

Na sesión que tivo lugar o 11 de xullo de 2002, o tribunal V-B, cualificador do proceso selectivo para o acceso á categoría 3 (ordenanza, telefonista e outros) do grupo V, de conformidade coa base II-3.3 da convocatoria, acordou:

Convocar para realiza-lo terceiro exercicio da fase de oposición para o acceso á categoría 3 do grupo V (ordenanza, telefonista e outros) o día 10 de setembro de 2002 ás 11.30 horas nas aulas 5 e 6 da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa Londres do polígono das Fontiñas en Santiago de Compostela. O exame comezará ás 12 horas.

Aqueles aspirantes que acreditasen estar en posesión do curso de iniciación de galego antes do día 17 de xullo de 2002, quedarán exentos da realización deste exercicio.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2002.

Ramón del Valle López

Presidente do tribunal V-B

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE