Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 29 de xullo de 2002 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

(781/2001). 11.806

CÉDULA de notificación de sentencia (222/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 222/2002, por instancia de Modesto Díaz Prieto contra D y D Servicios Auxiliares, nos que recaeu sentencia en data do 22-5-2002 que copiada nos particulares necesarias di así:

Que estimando a demanda formulada por Modesto Díaz Prieto, declaro a improcedencia do seu despedimento e condeno a empresa D y D Servicios Auxiliares a que á súa elección, que ten que efectuar no prazo de cinco días, o readmita no seu posto e condicións de traballo ou o indemnice coa cantidade de 4.071,27 euros, con aboamento en todo caso dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a data desta sentencia e que ata a data ascenden á cantidade de 1.963,23 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante esta Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Previndo á empresa demandada que para recorrer deberá acreditar que ingresou na c/c de consignacións código 5604.0000.60222-2002 de Banco BBVA desta cidade denominada Conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, requisitos sen os

cales non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así mesmo, advírteselle á parte demandada que se fai uso de tal dereito, optando pola readmisión, durante a substanciación do procedemento deberá aboar á parte actora o mesmo salario que percibiría, estando obrigada esta a presenta-los seus servicios á demandada, a menos que esta prefira facer uso de tal aboamento sen percibir compensación ningunha por parte da demandante.

Así por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa D y D Servicios Auxiliares, expido e asino esta cédula na Coruña, 28 de xuño de 2002.

Juan Rey Pita

Secretario xudicial