Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 29 de xullo de 2002 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (855/2000).

Eu, Camilo J. García Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, dou fe de que nos presentes autos de xuízo verbal número 855/2000, seguidos neste Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela por instancia de Marcos A. Crespo Oliveira, contra Next News Trading LTD, Pesca Gales, S.L. en reclamación de despedimento, se dictou, con data do 23 de maio de 2002, sentencia que na súa decisión é do teor literal seguinte:

Que estimando como estimo a demanda de Marcos Crespo Oliveira contra a mercantil Next Mews Trading, L.D., como empresa principal, e contra a empresa Pesca Gales, S.L., como o seu representante en España, en demanda de despedimento, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o demandante, e condeno a mercantil principal, e solidariamente a Pesca Gales, S.L., como axente desta, a que opte nun prazo de cinco días á readmisión do traballador ou ben ó aboamento dunha indemnización consistente en novecentas setenta e catro mil pesetas (974.000 pesetas) o que equivale a cinco mil seiscentas cincuenta e tres euros con oitenta e tres céntimos 5.653,83 euros), en concepto de indemnización e en todo caso ó aboamento de seis millóns cincocentas sesenta e dúas mil novecentas oitenta pesetas (6.562.980 pesetas) o que equivale a 39.444 euros con 83 céntimos (39.444,83 euros) en concepto de salarios de tramitación, cun haber diario de 10.830 pesetas, equivalente a 65,09

euros.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado, por escrito ou por comparecencia, no prazo de cinco días, contado desde o seguinte ó da notificación de sentencia e con expresa advertencia de que de se-las recorrentes as empresas codemandadas condenadas deberá exhibir perante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado na Conta de Depósitos e Consignacións deste Xulgado do Social número dous, número de identificación 1596, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, oficina 5947, sita na r/ Senra nº 3 desta cidade, a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 65), podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, e acreditar tamén que depositou na indicada conta (clave de ingreso 65) a cantidade de

vintecinco mil pesetas (25.000 pesetas), preceptiva legalmente para recorrer; sen estes requisitos non se terá por anunciado o dito recurso.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación de sentencia a Next News Trading LTD, con domicilio en Castiñeiras Castro Riveira, hoxe en paradoiro descoñecido e facéndolles saber que contra ela cabe recurso de suplicación.

E así mesmo, para que conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación de sentencia en Santiago de Compostela o 19 de xuño de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado