Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 29 de xullo de 2002 Páx. 11.808

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 12 de xuño de 2002, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se relaciona notificación de posta de manifesto de actuacións de expediente de derivación de responsabilidade pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Francisco Javier Amo Fernández).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde soal, relaciónase notificación de posta de manifesto de actuacións de expediente de derivación de responsabilidade pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces,

e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio Central de Recadación da Dirección Xeral de Tributos en aplicación do artigo 22 da Lei 1/1998, do 26 de febreiro, de dereitos e garantías dos contribuíntes.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o Servicio Central de Recadación desta Dirección Xeral de Tributos, con enderezo en San Caetano nº 3, soto, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2002.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos

ANEXO

Suxeito pasivo: El telón de Acero, S.L.

CIF: 22621663-J.

Responsable solidario: Francisco Javier Amo Fernández.

NIF: 22621663-J.

Importe: 631,14 A.

Zona de Recadación: Vigo.