Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 29 de xullo de 2002 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (781/2001).

Eu, Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste

xulgado se seguen autos número 781/2001 por instancia de Francisco Payo Guerra e outro contra Losas Iglesias Hnos., S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia con data do 21-6-2002 que copiada nos particulares necesarios di así:

Que estimando a demanda formulada por Francisco Payo Guerra e Francisco Payo Méndez, contra a empresa Losas Iglesias Hermanos, S.L. condeno a aboárlle-la cantidade de 1.197,59 euros a cada un deles, que lle debe en concepto de salarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer ningún recurso.

Así por esta miña sentencia do que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Losas Iglesias Hermanos, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 21 de xuño de 2002.

Juan Rey Pita

Secretario xudicial