Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 29 de xullo de 2002 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de auto

(135/2002). Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño de que nos autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o número 135/2002 contra a empresa Lestao, S.L., sobre incapacidade, se dictou a seguinte resolución:

Apróbase a desistencia solicitada pola demandante nos autos que se arquivarán sen máis trámite.

Este auto acórdao e asínao o maxistrado-xuíz do social número dous da Coruña, Jorge Hay Alba, e dou fe.

E para que lle sirva de notificación á empresa Lestao, S.L., mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino esta cédula na Coruña o 25 de xuño de 2002.

Jaime Balado Yáñez

Secretario xudicial