Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 29 de xullo de 2002 Páx. 11.806

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2002 pola que se nomea catedrática de universidade da área de coñecemento de economía financeira e contabilidade, do departamento de Economía Financeira e Contabilidade, a Mª del Pilar Cibrán Ferraz (praza 55/2001).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por resolución desta universidade do 31 de xullo de 2001 (BOE do 29 de agosto), para a provisión dunha praza de catedrático de universidade da área de coñecemento de economía financeira e contabilidade, do departamento de Economía Financeira e Contabilidade, a favor de Mª del Pilar Cibrán Ferraz, con documento nacional de identidade número 18000930-A, e cumprindo a interesada os requisitos do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Mª del Pilar Cibrán Ferraz catedrática de universidade da área de coñecemento de economía financeira e contabilidade, do departamento de Economía Financeira e Contabilidade.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes,

contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no BOE.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no BOE, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, perante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo antes citado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 1 de xullo de 2002.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo