Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.757

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 11 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se lle notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 8/2002 a Promotora Veiguiña, S.L.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo tramitou expediente sancionador 8/2002, seguido en virtude de denuncia formulada por Jesús Fernández Cobas como propietario da vivenda 1º E da rúa Santiago, 6 de Lugo, contra Promotora Veiguiña, S.L., finalizando este trámite con proposta de resolución de expediente sancionador por non realiza-las obras necesarias para amaña-las deficiencias denunciadas.

O citado acordo é do seguinte teor:

«Proposta de resolución de expediente sancionador 8/2002.

Vista a denuncia presentada por Jesús Fernández Cobas da vivenda 1º E da rúa Santiago, 6 desta cidade de Lugo, contra a promotora inmobiliaria Promotora Veiguiña, S.L., e logo das actuacións previas practicadas, de acordo cos seguintes:

Feitos.

Primeiro.-Con data do 9 de novembro de 2000, por Jesús Fernández Cobas, formúlase denuncia ante esta delegación do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sobre vicios e defectos de construcción na vivenda 1º E do inmoble citado.

Segundo.-Consecuente coa denuncia formulada, abríronse dilixencias previas baixo o nº 433/2000, que finalizaron con requirimento á promotora inmobiliaria Promotora Veiguiña, S.L., para que efectuase as reparacións que se sinalaban, concedéndoselle un prazo de 10 días para remisión do proxecto e de 30 días para a súa execución, notificado o denunciado o 2 de marzo de 2002.

Terceiro.-Que con data 16 de abril de 2002 se dicta resolución, notificada ó denunciado a través de publicación no Diario Oficial de Galicia número 99, do 24 de maio de 2002, pola que se inicia expediente sancionador, baixo o número 8/2002.

Feito probado.

Único.-Determínase, así, como feito probado, ó non ter constancia nesta delegación provincial da realización das obras denunciadas, que a promotora inmobiliaria Promotora Veiguiña, S.L. incumpriu a obriga de amaña-las deficiencias observadas.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para a resolución deste expediente o delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, de acordo co disposto no Decreto 134/1997, do 22 de maio.

2. Que os feitos relatados se encontran tipificados como infracción moi grave na alínea e, do artigo 6, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, polo que, a teor do disposto nos puntos 1 c) e 4 c), do artigo 7 do mesmo texto legal procede impoñer unha sanción consistente nunha multa de 3.005,07 euros e inhabilitación para participar en promocións de vivendas de protección oficial durante un prazo de catro anos.

3. Ó amparo do disposto no artigo 3.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, os interesados teñen dereito a formular alegacións e a achega tódolos documentos que consideren convenientes en calquera momento do procedemento con anterioridade ó trámite de audiencia.

Poderán, así mesmo, recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade conforme o establecido no artigo 8 do citado regulamento.

4. Segundo o artigo 16.1º do Regulamento do procedemento, os interesados dispoñen dun prazo de 15 días contados desde a notificación da presente proposta para achega-los documentos ou informacións que estimen convenientes e propoñer probas, concretando os medios dos que pretendan valerse.

Vistos os preceptos sinalados e os demais de aplicación xeral, este instructor propón:

1. Impoñerlle á Promotora Veiguiña, S.L. unha sanción consistente nunha multa de 3.005,07 euros e inhabilitación para participar en promocións de vivendas de protección oficial durante un prazo de catro anos.

2. Que conforme o disposto no número 2, do artigo 8, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, sen prexuízo da sanción imposta, deberá realiza-las obras de reparación para as que foi requirida a súa execución por este organismo na tramitación do expediente sancionador».

Notifíqueselle-la presente proposta ós interesados con indicación de que, de conformidade co establecido no artigo 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, poderán presentar alegacións no prazo de 15 días, ó termo dos cales a delegación provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo dictará a resolución que corresponda.

Lugo, 11 de xuño de 2002.

P.A.

Francisco Centeno Márquez

Instructor