Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.758

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 15 de xullo de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a iniciación do expediente sancionador en materia de réxime de vivendas de protección oficial E.S.OU-02/2002 e dous máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que con esta data resolvín publica-la iniciación dos expedientes sancionadores por infracción do réxime legal de VPO por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructor do procedemento a Paulino González Rodríguez, xefe da Sección de Inspeccións e Sancións da delegación provincial, e secretaria a Olga Paredes Medela, funcionaria da citada delegación, que poderán ser recusados en calquera momento do expediente de concorreren os supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegaren por escrito cantas alegacións, documentos e informacións coiden convenientes en defensa dos seus intereses e, se é o caso, propoñeren proba concretando os medios dos que pretendan valerse.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto), de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O que se lles notifica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Ourense, 15 de xullo de 2002.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente nº E.S. OU-02/2002.

Responsable: Amador Nóvoa Nogueira.

Enderezo: avda. de Santiago, nº 100, 1º D, 32001 Ourense.

Feitos imputados: execución de obras sen a preceptiva autorización do IGVS.

Infracción: grave (artigo 5º c) da Lei 13/1996).

Sanción proposta: 1.500 euros.

Expediente nº E.S. OU-12/2002.

Responsable: Marcelino José Hernández Garza.

Enderezo: praza 1.000, portal 7, 2º B, 32001 Ourense.

Feitos imputados: non destina-la vivenda de protección oficial a domicilio habitual e permanente.

Infracción: grave (artigo 5º c) da Lei 13/1996).

Sanción proposta: 610 euros.

Expediente nº E.S. OU-14/2002.

Responsable: Francisco Seijo González.

Enderezo: Outeiro Grande, 4, bl. B, 2º D, 32570 Maside.

Feitos imputados: non destina-la vivenda de protección oficial a domicilio habitual e permanente.

Infracción: grave (artigo 5º c) da Lei 13/1996).

Sanción proposta: 601,02 euros.