Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.756

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 24 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se lle notifica a Santiago Galán Díaz a resolución acordada no expediente de desafiuzamento administrativo 3/2002.

De conformidade co disposto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido do interesado (rúa Val de Lemos, bloque C, baixo 3 de Monforte de Lemos) notifícaselle a Santiago Galán Díaz a Resolución do 24 de maio de 2002 do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, pola que se acorda a resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento da vivenda de promoción pública que lle fora adxudicada, identificada co expediente LU-80/030, conta 35, por non paga-las cotas mensuais da vivenda.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula, conforme o establecido nos artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De conformidade co disposto no artigo 58.2º da mesma lei, transcríbese o texto íntegro da dita resolución:

Visto o expediente de desafiuzamento administrativo seguido contra Santiago Galán Díaz, beneficiario da vivenda obxecto da presente resolución situada na rúa Val de Lemos, bloque C, baixo 3 de Monforte de Lemos correspondente ó:

Expediente: LU-80/030, conta 35, por incumprimento do contrato en canto á falta de pagamento das cotas, con infracción do réxime que regula as vivendas de protección oficial de promoción pública.

Tendo en conta os seguintes:

Feitos.

1. Que a entidade colaboradora na xestión e recadación de vivendas da Xunta de Galicia emite certificado en que se comproba a falta de pagamento dos recibos pendentes por un importe total que ascende a 13.218,81 (2.199.425 pesetas) á data 16 de outubro de 2001.

2. Que requirido por carta certificada devolta polo servicio de correos, para que no prazo de dez días efectuase o pagamento das cantidades que debe nesa data, notificada a través da publicación no DOG do 10 de decembro de 2001, e con exposición no

taboleiro de anuncios do Concello de Konforte de Lemos o dito requirimento non foi atendido.

3. O 23 de maio de 2002, a débeda ascende a 14.158,69 euros (2.355.808 pesetas), por falta de pagamento dos recibos seguintes: de 1/1990 a 4/1994, 6/1994, 8/1994 a 5/2002.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para a resolución deste expediente o delegado provincial do IGVS de Lugo, de acordo co disposto no Decreto 70/1997, artigo 17 g), de estructura orgánica deste organismo, modificado por Decreto 258/1999, do 17 de setembro.

2. Os feitos denunciados constitúen causa legal suficiente de resolución do contrato, desafiuzamento e lanzamento da vivenda.

3. Na tramitación do expediente observáronse as normas vixentes contidas nos artigos 138 a 144 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, artigos 58, 59 e 96.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, artigo 91.2º da Lei orgánica do poder xudicial, e artigo 8.5º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vistos.

Os preceptos legais invocados e demais normas de aplicación xeral,

RESOLVO:

1. Acorda-la resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento da vivenda, que se levará a cabo polo funcionario do IGVS que se designe, con credencial para o efecto subscrita e asinada polo delegado provincial do IGVS e coa preceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución forzosa de actos da administración, incorporada ó expediente e co auxilio das Forzas de Seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Advírteselle ó interesado, que de conformidade co establecido no Regulamento de VPO, poderá evita-lo lanzamento aboando o total da débeda coa recarga do 10% no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a notificación ou publicación, e achegando xustificante de atoparse ó corrente coa comunidade de propietarios.

2. A resolución en firme do contrato comportará a prohibición para contratar coa Administración nos termos previstos no Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Notifíqueselle-la presente resolución ós interesados con expresión dos recursos legais que procedan.

Lugo, 24 de maio de 2002.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Adxudicatario: Santiago Galán Díaz.

Expediente: LU-80/030 (expediente de desafiuzamento 3/2002).

Conta: 35.

Enderezo: r/ Val de Lemos, bloque C, baixo 3 de Monforte de Lemos (Lugo).

Débeda: 14.158,69 euros.