Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.752

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador P-P-2001/134 e outro máis (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, as resolución dos ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial en Galicia.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de 15 días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, conforme os impresos que se xuntan. De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo do pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no prágrafo anterior.

Pontevedra, 21 de xuño de 2002.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-P-2001/134.

Denunciado: Alfredo Urrabieta Calvo, Doutor Loureiro Crespo, nº 41, Pontevedra.

DNI: 31141453.

Feitos denunciados: pescar con máis artes das autorizadas, 2 canas e 2 liñas de man. Pesca desde embarcación ó curricán, negándose a súa identificación polo que foi preciso a presencia da policía autonómica, facendo caso omiso da chamada dos axentes. Feitos acontecidos ás 8.15 horas do día

29 de xuño de 2001, no río Lérez-intermareal, Monteporreiro, no concello de Pontevedra.

Data do acordo de incoación: 6 de setembro de 2001.

Alegacións ó acordo de incoación: non presenta.

Data da proposta: 25-1-2002.

Alegacións á proposta de resolución: non presenta.

Feitos probados: pescar con máis artes das autorizadas, 2 canas e 2 liñas de man, desde embarcación.

Precepto infrinxido: artigo 33.4º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia, en relación co artigo 51 do Decreto 130/1997, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais.

Precepto sancionador: artigo 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 8.000 pesetas (48,08 euros).

Expediente: P-P-2001/142.

Denunciado: Antonio Pereira Mendes, Torneiros fase, 3 bloque, 4 ptal. 7 baixo A, O Porriño.

DNI: X-0580249.

Feitos denunciados: pescar sen levar consigo a licencia de pesca ás 18.15 horas do día 8 de xullo de 2001, na lagoa das Barreiras, lugar de Pontellas-Centeáns, no concello do Porriño.

Data do acordo de incoación: 7-9-2001.

Escrito de alegacións ó acordo de incoación: non presenta.

Data da proposta de resolución: 25-1-2002.

Alegacións á proposta de resolución: non presenta.

Feitos probados: pescar sen levar consigo a licencia de pesca.

Precepto infrinxido: artigo 33.1º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 2.000 pesetas (12,02 euros).