Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.752

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da proposta de resolución do expediente OU 01/02CEN, por infracción da Lei de conservación da natureza.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que nos anexos se mencionan que con esta data resolvín publica-la proposta de resolución do expediente sancionador por presuntas infraccións á Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza (DOG nº 171, do 4 de setembro), por non ser posible a súa notificación.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notifica

ción, para formularlle cantas alegacións consideren pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar, en Ourense.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiráselle ó delegado provincial desta consellería, para a resolución do procedemento.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Ourense, 28 de xuño de 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 01/02 CEN.

Denunciado: Ricardo Felipe Rodrigues Montero.

DNI: 10389054.

Derradeiro enderezo coñecido: Canidelo, Vila Nova de Gaia (Portugal).

Feito denunciado: acampar sen autorización no parque natural Baixa Limia, Serra do Xurés.

Precepto infrinxido : artigo 3.5º f) do Decreto 29/1993, de declaración do parque natural.

Precepto sancionador: artigo 63.6º da Lei de conservación da natureza.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: multa de 601,02 euros.

Instructora: Míriam Areal López.