Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.753

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 30 de maio de 2002, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación do procedemento de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Monte da Moa, Monte da Pena I, Monte da Pena II, a favor dos veciños de Señorín, no concello do Carballiño.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión do 28 de marzo de 2001, inicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común a favor dos veciños de Señorín, do monte denominado Monte da Moa, Monte da Pena I, Monte da Pena II, no concello do Carballiño e coas características que de seguido se relacionan, nomeándose instructores do expediente a Manuel Bouzas Costa e Miguel Ángel González Trigás.

Publícase de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, (DOG nº 186, do 23 de setembro), polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Concello: O Carballiño (Ourense).

Denominación: Monte da Moa, Monte da Pena I, Monte da Pena II.

Comunidade propietaria: lugar de Señorín.

Superficie: 2 ha 27 a, aproximadamente, en conxunto.

Monte da Moa:

Superficie: 15 a, aproximadamente.

Estremas.

Norte. Instituto de Ensino Medio do Carballiño.

Sur: Juan José Fernández Rodríguez.

Leste: rúa Alberto Vilanova.

Oeste: Andrés Dapena Castro.

Monte da Pena I:

Superficie: 37 a, aproximadamente.

Estremas:

Norte: Antonio Penedo Docavo.

Sur: Instituto de Ensino Medio do Carballiño.

Leste: camiño veciñal.

Oeste: Delegación de Facenda do Carballiño.

Monte da Pena II:

Superficie 1 ha 75 a, aproximadamente.

Estremas:

Norte: camiño veciñal.

Sur: Instituto de Ensino Medio do Carballiño.

Leste: Concello de Maside.

Oeste: Guillermo Álvarez Lorenzo e camiño veciñal.

Iníciase a apertura do período dun mes para a práctica de alegacións a partir do día seguinte da publicación do edicto no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 3 de maio de 2002.

Miriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Comun de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense