Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.753

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 3 de xuño de 2002, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación do procedemento de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Monte Comunal de Vilaseca, a favor dos veciños de Vilaseca, no concello de Trasmiras.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, acordou, en sesión celebrada con data do 20 de decembro de 1995, inicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común a favor dos veciños do lugar de Vilaseca, do monte denominado Monte Comunal de Vilaseca, no concello de Trasmiras, e coas características que de seguido se relacionan, e en virtude

do punto terceiro da orde do día da reunión do 30 de setembro de 1998. nomeáronse instructores do expediente Miriam Areal López e Manuel Bouzas Costa.

Concello: Trasmiras (Ourense).

Monte denominado: Monte Comunal de Vilaseca integrado por 11 parcelas procedentes da concentración parcelaria de Trasmiras (Trasmiras-Ourense) cos números 585, 576, 575, 570, 654, 178, 180, 162, 181, 1.556, e 1.574.

Comunidade propietaria: veciños de Vilaseca, parroquia de Vilaseca.

Superficie: 93 ha 55 a 60 ca aproximadamente en conxunto.

Parcela nº 585:

Superficie: 42.400 m, aproximadamente.

Lindeiros:

Norte: parcela nº 583 de Isabel Rúa Pérez, nº 584 de José Pérez Carballo.

Sur: canal de desaugamento.

Leste: estrada de Sarreaus a Vila de Rei.

Oeste: camiño.

Parcela nº 576:

Superficie: 23.500 m aproximadamente.

Lindeiros:

Norte: parcela 580 de Manuel Sotelo Freirie e nº 581 de Ana Sotelo Rodríguez.

Sur: canal de desaugamento.

Leste: camiño.

Oeste: parcelas nº 578 e nº 578 de José Alonso Estravis.

Parcela nº 575:

Superficie: 76.820 m aproximadamente.

Lindeiros:

Norte: canal de desaugamento.

Sur: Igrexa católica, parcela nº 571 da parroquia de Vilaseca, nº 572 de Francisca Rodríguez Álvarez, nº 573 de Modesto Alonso Estravís, nº 574 de José Fiz Aguiar.

Leste: camiño.

Oeste: camiño.

Parcela nº 570:

Superficie 62.240 m aproximadamente.

Lindeiros:

Norte: canal de desaugamento e ponte pola que ten acceso á camiño.

Sur: camiño.

Leste: camiño.

Oeste: canal.

Parcela nº 654:

Superficie: 22.320 m aproximadamente.

Lindeiros:

Norte: camiño.

Sur: parcela nº 656 de Concepción Rodríguez Cuquejo e outros.

Leste: camiño.

Oeste: parcela nº 655 de Elena Fiz Aguiar.

Parcela nº 178:

Superficie: 6.600 m aproximadamente.

Lindeiros:

Norte: camiño.

Sur: parcela nº 177 de José Alonso Mellado.

Leste: camiño.

Oeste: parcela nº 179 de José Alonso Alonso.

Parcela nº 180:

Superficie: 362.070 m aproximadamente.

Lindeiros:

Norte camiño.

Sur: camiño e canal.

Leste: camiño.

Oeste: canal.

Parcela nº 162:

Superficie: 117.550 m aproximadamente.

Lindeiros:

Norte: camiño.

Sur: parcela nº 161 de Juán Lozano Sotelo, nº 163 de masa común, nº 164 de Sixtina López Valcárcel, nº 165 de Antonio Fiz Aguiar, e nº 166 de Antonio López García.

Leste: camiño.

Oeste: nº 160 de Juan Lozano Fiz, e canal de desaugamento.

Parcela nº 181:

Superficie: 36.000 m aproximadamente.

Lindeiros:

Norte: canal.

Sur: camiño.

Leste parcela nº 182 de Francisco Rodríguez García.

Oeste: camiño.

Parcela nº 1.556:

Superficie: 158.260 m aproximadamente.

Lindeiros:

Norte: camiño, parcelas nº 1.561 de propietario descoñecido, nº 1.559 de Antonio Rodríguez Rúa, nº 1.558 de Rosa Rodríguez López e nº 1.557 de Adela Alonso Alonso.

Sur: camiño.

Leste: camiño.

Oeste: camiño.

Parcela nº 1.574:

Superficie: 27.800 m aproximadamente.

Lindeiros:

Norte: nº 1.573 de Irene Lozano Alonso.

Sur: nº 1.579 de Manuel Alonso Alonso.

Leste: camiño.

Oeste: canal de desaugamento.

Publícase de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro (DOG nº 186, do 23 de setembro), polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Infórmase a apertura do período DUN MES para a práctica de alegacións a partir do día seguinte da publicación do edicto no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 3 de xuño de 2002.

Miriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense