Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.755

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 20 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador de incendios OU 391/2001IN e tres máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a resolución do expediente sancionador correspondente, por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro, e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 23 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2001, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Non obstante, de acordo cos artigos 107, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderán interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó desta publicación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel no que esta resolución adquira firmeza -a firmeza producirase ó non interpoñer recurso no prazo indicado-. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Ourense, 20 de xuño de 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente nº/anoDenunciado DNIÚltimo enderezo coñecidoFeito probadoPrecepto infrinxido

e sancionador

Sanción euros/ptas.

OU-391/01INTrinidad Martín González

DNI: 05806227

San Antonio, 100

46920 Mislata-Valencia

Abandono de vehículo

A-33753-VE

Artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 23-1-2001, da DXM e MAN300,51 A (50.000 ptas.)

OU-392/01INMª Jesús Ramilo Rodríguez

DNI 76908857

A Torre, 24

36400 Atios-O Porriño

Abandono de vehículo

C-6570-AC

Artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 23-1-2001, da DXM e MAN300,51 A (50.000 ptas.)

OU-411/01INJosé Campio Alonso Ucha

DNI: 36131653

Freixido, 87

36315 Valadares-Vigo

Abandono de vehículo

PO-5906-M

Artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 23-1-2001, da DXM e MAN300,51 A (50.000 ptas.)

OU-418/01INMarcos José Pintos Albo

DNI: 34983016

Grupo San Rosendo, 67

32800 Celanova

Abandono de vehículo

OU-0628-T

Artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 23-1-2001, da DXM e MAN300,51 A (50.000 ptas.)