Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.751

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da incoación do expediente sancionador P-121/2002, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora deste procedemento a Paloma Quiroga López, e secretaria a Marta Joaquín Tersado, funcionarias desta delegación provincial, que poderán ser recusadas en calquera momento da tramitación do expediente de concorreren os supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días (15), contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegaren, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, sita na Ronda da Muralla, nº 70-2º baixo.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Lugo, 19 de xuño de 2002.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: P-121/2002.

Denunciado: Hidroeléctrica do Bierzo.

DNI: A-24084139.

Enderezo: r/ Conde de Gaitanes, nº 2. Ponferrada (León).

Feito denunciado: non conservar en bo funcionamento as reixas da entrada da canle de derivación

da minicentral, ó telas levantadas por riba da superficie da auga, anulando así o cumprimento da súa función. Feitos constatados o día 18 de maio de 2002, ás 13.45 h na minicentral Castro, río Navia (Hortas), Becerreá (Lugo).

Precepto sancionador: artigo 34.31º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 300,51 euros.