Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.751

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente P-234/2001 incoado por infracción da Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente, de non efectualo voluntariamente, dispón o interesado dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto) e no Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

Lugo, 5 de xuño de 2002.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: nº P-234/2001.

Denunciado: Miguel Solinas Galiña.

DNI: 44464449-K.

Enderezo: r/ Prego de Oliver, 2-1º D Ourense.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca con cana en día inhábil (luns non festivo). Feitos constatados o día 8-10-2001, ás 17.40 horas no río Miño-encoro de Belesar. Chantada. Lugo.

Precepto sancionador: 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación da sanción: leve.

Sanción: 60,10 euros.