Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 24 de xullo de 2002 Páx. 11.591

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2002, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-0333; XG-015, Monforte de Lemos-Balneario do Incio, con anexos, por substitución da concesión V-0333; XG-015, de igual denominación.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, mediante Orde do 3 de abril de 2002, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa Aguas de incio, S.A., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-0333; XG-015, Monforte de Lemos-Balneario do Incio, con anexos, por substitución da concesión V-0333; XG-015, de igual

denominación, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

1. Itinerarios e puntos de parada.

-Monforte de Lemos, estación da Pobra de Brollón, A Pobra de Brollón, Saa, Castosante, empalme Pino, A Ferreirúa, Pacios de Veiga, Biduedo, Dompiñor, O Hospital, Trascastro, A Ferraría e Balneario do Incio.

-A Ferreirúa, Marcón e Ferreiros.

-Empalme Pino, Pinos e Pacios de Veiga.

-A Pobra de Brollón, Cereixa, Bóveda e Monforte de Lemos.

-Pacios de Veiga e Canedo.

2. Prohibicións de tráfico.

De e entre A Ferraría e O Hospital, puntos intermedios e viceversa.

3. Expedicións.

-Balneario do Incio-A Ferraría-A Ferreirúa-Ferreiros-A Ferreirúa-Saa-Estación da Pobra de Brollón-Monforte de Lemos (44,7 km)

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres lectivos.

-Unha expedición de ida e volta os luns, mércores e venres en período non lectivo.

Canedo-Pacios de Veiga-Pino-Empalme Pino-A Pobra de Brollón-Cereixa-Bóveda-Monforte de Lemos (41 km)

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres lectivos.

-Unha expedición de ida e volta os martes e xoves en período non lectivo.

4. Tarifas.

-Tarifa aplicable:

* Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 0,066112 A.

* Tarifa usuario: 0,070740 A.

* Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 0,009917 A.

Contra a citada orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados, ámbolos dous prazos, a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2002.

María José Bravo Bosch

Directora xeral de Transportes