Convocada, por Orde do 14 de xuño de 2002 (DOG nº 124, do 28 de xuño), a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo pertencente ó Servicio Galego de Saúde, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 7 do Decreto 97/2001, do 22 de marzo (DOG nº 93, do 15 de maio), de regulación básica dos órganos de dirección, asesoramento, calidade e participación das ins
titucións hospitalarias do Servicio Galego de Saúde, no exercicio das competencias que ten atribuídas,
DISPÓN:
Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dunha praza pertencente á estructura organizativa do Hospital da Costa de Burela, anunciada por Orde do 14 de xuño de 2002 (DOG nº 124, do 28 de xuño).
Segundo.-Adxudicarlle destino, na praza que se indica, á persoa seleccionada no anexo desta orde.
Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación. De non estima-la interposición deste recurso poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.
Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2002.
José Mª Hernández Cochón
Conselleiro de Sanidade
ANEXO
Posto: director de Xestión e Servicios Xerais.
Nome e apelidos: Emilio Camino Fernández.
DNI: 34258911.
Titulación académica: titulación superior.
CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS
E VIVENDA