Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 24 de xullo de 2002 Páx. 11.592

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2002, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7042; XG-416, Lugo-Lalín-Vigo, con anexos, por substitución e unificación das concesións V-0089; XG-003, Lugo-Palas de Rei, con anexos, e V-1157; XG-067, Lugo-Vigo, con anexos.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, mediante Orde do 3 de abril de 2002, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa Gómez de Castro, S.A., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7042; XG-416, Lugo-Lalín-Vigo, con anexos, por substitución e unificación das concesións V-0089; XG-003, Lugo-Palas de Rei, con anexos, e V-1157; XG-067, Lugo-Vigo, con anexos, de acordo, entre outras, coas seguintes condicións particulares:

1. Itinerarios e puntos de parada.

-Lugo, Calde, O Picato, Veiga, Goia, Guntín, cruzamento N-540/N-547, Lousadela, Val de Porrás, Camporredondo, Vendas de Narón, O Reconco, Salgueiros, A Vacaloura (prisión), Vilar, Sandolfe, Satrexas, Monterroso, Os Carreiros, Antas de Ulla, Castro, Ludeiro, Trascastro, As Trabancas, Agolada, A Ponte Vilariño, Cadrón, O Castelo, A Muimenta, Goiás, Lalín (instituto), Lalín, Botos, Vista Alegre, Xar, Vilatuxe, Laro, Refoxos de Arriba, Refoxos, Refoxos de Abaixo, A Noveliza, Aciveiro, cruzamento Grela, O Cachafeiro, Folgoso, Cerdedo, Pedre, Dorna, Sacos, San Xurxo, Viascón, Tanoira, Bora, Mourente, A Eiriña, Pontevedra, A-9 (acceso 132, Marín), Arcade, Redondela, Chapela, A-9 (acceso 2v, avenida Buenos Aires) e Vigo.

-Lalín, Prado, Silleda, Graba, Filloi, cruzamento San Bartolomeu, Dúas Igrexas, Forcarei e O Cachafeiro.

-Cruzamento N-540/N-547, Montecalvo, O Marco, O Ferradal, Palas de Rei, Vilareda, Gundín, Pedraza e Monterroso.

-Marco, cruzamento Ligonde, A Lucencia, Vilanova, Cumbraos, Monterroso (instituto) e Monterroso.

-Satrexas, Arada, Arxona, Lavandelo, Vilamaior, Novelúa, Tarrío, Milleirós, Ligonde e cruzamento Ligonde.

-Agolada, Borraxeiros, Artoño, Berredo, Baíña, Órrea e Brántega.

-Folgoso, Vilapouca e Soutelo.

-Aciveiro, Andón, San Bartolomeu e cruzamento San Bartolomeu.

-Cruzamento Grela, Grela, Millerada, Fixo, Vilar e Vilapouca.

-A Eiriña, A Xunqueira e Pontevedra.

-Antas de Ulla, Arcos e Areas.

-Antas de Ulla, Árbol, Reboredo e Santa Mariña (Amarante).

-Vigo, Puxeiros e CUVI.

-Lugo, A-6 (acceso 497, Ribadeo), A-6 (acceso 540, Curtis), A-6 (acceso 568, A-9), A-9 (acceso 16, A-6), A-9 (acceso 67, Santiago de Compostela norte), A-9 (acceso 132, Po-Marín) e A-9 (acceso 2v, avenida Buenos Aires).

-A-6 (acceso 540, Curtis), estrada N-634, N-634/N-547 e A-9 (acceso 67, Santiago de Compostela norte).

-A-9 (acceso 151, Teis Chapela), A-9 (acceso 159, Puxeiros) e Puxeiros.

2. Prohibicións de tráfico.

-De e entre Lugo e Vendas de Narón, puntos intermedios e viceversa.

-De e entre Lalín e Silleda, puntos intermedios e viceversa.

-Do tramo Lalín-Silleda (excepto Lalín) para Pontevedra e viceversa.

-De e entre Silleda e Forcarei, puntos intermedios e viceversa.

-De e entre Agolada e Berredo, puntos intermedios e viceversa.

-De e entre Pontevedra e Vigo, puntos intermedios e viceversa.

-Do tramo Pontevedra-Vigo, ámbolos dous puntos incluídos, para o tramo Vigo-CUVI, e viceversa.

-O itinerario entre Vigo e CUVI realizarase a porta pechada con prohibición de tráficos entre ámbolos dous puntos.

-Entre Pontevedra e A Xunqueira, puntos intermedios e viceversa.

-Os itinerarios que discorren pola autovía A-6, autoestrada A-9 e estradas N-634 e N-547 autorízanse como infraestructuras concesionais, de xeito que a súa utilización non xerará a posibilidade de realizar tráficos distintos dos autorizados.

-A parada denominada A Xunqueira, situada na localidade de Pontevedra, está sometida ás mesmas prohibicións de tráfico establecidas para Pontevedra excepto da Xunqueira para o CUVI e viceversa.

3. Expedicións.

Lugo-Vendas de Narón-Monterroso-Lalín-Silleda-Forcarei-Cachafeiro-Pontevedra-A-9-Vigo (177,8 km).

-Catro expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

-Tres expedicións de ida e volta os sábados laborables.

-Dúas expedicións de ida e volta os domingos e festivos.

-Unha expedición de ida e volta os venres laborables en período lectivo.

-Unha expedición de ida e volta os días lectivos véspera de festivo.

-Unha expedición de ida e volta os domingos e festivos véspera de lectivo.

Lugo-Vendas de Narón-Monterroso-Lalín-Vilatuxe-O Cachafeiro-Pontevedra-A-9-Vigo (173,1 Km).

-Unha expedición de ida os sábados laborables.

-Unha expedición ida e volta os domingos e festivos.

Lugo-A/6-A/9-Pontevedra/A-9-Vigo (227,5 km).

-Unha expedición de ida e volta os vernes laborables en período lectivo.

-Unha expedición de ida e volta os días lectivos véspera de festivo.

Monterroso-Lalín-Silleda Forcarei-Pontevedra-A-9-Vigo (134,4 km).

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

-Unha expedición de ida e volta os sábados laborables.

-Unha expedición de volta os domingos e festivos.

Monterroso-Lalín-Vilatuxe-O Cachafeiro-Pontevedra-A-9-Vigo (129,7 km).

-Unha expedición de ida os domingos e festivos véspera de lectivo.

Lugo-A-6-N-634/N-547-A-9-Pontevedra-A-9-Vigo (207,5 km).

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

-Unha expedición de ida e volta os domingos e festivos véspera de lectivo.

Lugo-cruzamento N-540/N-547-Palas de Rei-Monterroso-Lalín (83,3 km).

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables en período lectivo.

Monterroso-Vendas de Narón-Lugo (43,4 km).

-Unha expedición de ida de luns a venres laborables.

-Unha expedición de ida os sábados laborables.

-Unha expedición de ida os domingos e festivos.

Lalín-Vilatuxe-Forcarei-O Cachafeiro-A Xunqueira-Pontevedra-A-9-Vigo-CUVI (113,6 km).

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables en período lectivo.

Forcarei-O Cachafeiro-A Xunqueira-Pontevedra-Redondela-Vigo (75 km).

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

-Unha expedición de ida e volta os sábados laborables.

Brántega-Agolada-Monterroso (30,5 km).

-Unha expedición de ida e volta os luns lectivos.

O Marco-A Lucencia-Vilanova-Monterroso (14 km).

-Unha expedición de ida e volta os martes lectivos.

O Marco-cruzamento Ligonde-Ligonde-Satrexas-Monterroso (14,1 km).

-Unha expedición de ida e volta os mércores lectivos.

Santa Mariña-Antas de Ulla-Monterroso (12,7 km).

-Unha expedición de ida e volta os xoves lectivos.

Areas-Antas de Ulla-Monterroso (9,7 km).

-Unha expedición de ida e volta os venres lectivos.

CUVI-A-9-A Xunqueira-Pontevedra-Forcarei-Lalín (108,9 km).

Por intensificación de tráfico, calquera das expedicións autorizadas que teñan como orixe ou destino o CUVI.

4. Tarifas.

-Tarifa aplicable:

* Tarifa partícipe por viaxeiro/km.: 0,056640 A.

* Tarifa usuario: 0,060605 A.

* Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 0,008496 A.

Contra a citada orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados ámbolos dous prazos a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2002.

María José Bravo Bosch

Directora xeral de Transportes