Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 24 de xullo de 2002 Páx. 11.594

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2002, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7048; XG-422, Lugo-Monforte de Lemos-Santiago de Compostela, con anexos, por substitución e unificación das concesións V-1923; XG-150, Outeiro-Quiroga, con prolongación, V-3056; XG-345, Monforte de Lemos-A Rúa, con anexo, e V-7016; XG-390, Lugo-Santiago de Compostela por Monforte de Lemos, con anexos.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, mediante Orde do 3 de abril de 2002, resolveu outorgarlle, con carácter definitivo, á empresa Monforte de Lemos, S.A., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7048; XG-422, Lugo-Monforte de Lemos-Santiago de Compostela, con anexos, por substitución e unificación das concesións V-1923; XG-150, Outeiro-Quiroga, con prolongación, V-3056; XG-345, Monforte de Lemos-A Rúa, con anexo, e V-7016; XG-390, Lugo-Santiago de Compostela por Monforte de Lemos, con anexos, de acordo, entre outras, coas seguintes condicións particulares:

1. Itinerarios e puntos de parada.

-Lugo, Conturiz, Nadela, Santa Comba, Paradela, Rego, Anseán, Sabarei, Maceda, A Pobra de San Xiao, Vilafiz, Vilapedre, San Fiz, Padriñán, Betote,

Sarria, Callás, Albaredo, Vilar de María, O Oural, Santa Cruz do Oural, Noceda, Pacio do Río, Rubián, Vilaboa, Bóveda, Ver, A Áspera, Escouredo, Ribas Altas, Monforte de Lemos, Seoane, O Eivedo, Toiriz, Vilasante, Escairón, Vilaseco, Vilatán, Pesqueiras, Chantada, Alto do Faro, Fafián, Rodeiro, Albarellos, Lalín, Silleda e Santiago de Compostela.

-Monforte de Lemos, estación A Pobra do Brollón, Brence, Frieira, Labrada, Freixeiro, Santa Andrea, Augas Mestas, Nogueira, Rairos, Nocedo, San Clodio, Quiroga, Caspedro, Os Novais, Sequeiros, O Soldón, Vilaster, Peites, Montefurado, San Martiño de Alvaredos, Roblido, A Rúa, San Miguel do Outeiro, Vilamartín de Valdeorras, Arcos, A Pobra e O Barco de Valdeorras.

-Estación da Pobra do Brollón, Cereixa, Fornelas, Ribas Pequenas e Bóveda.

-Sarria, Fontao, Aián, O Empalme, Pascais, Samos, San Martiño, Renche, San Cristovo, Triacastela, Pasantes, Fillobal, Vilar, Lamas, Biduedo, Fonfría, Padornelo, Hospital, Liñares, O Cebreiro e Pedrafita do Cebreiro.

-Triacastela, Santalla e Toldaos.

-Sarria, O Camiño e Pintín.

-Sarria, Vilarrairo, O Montés, Manán e Céltigos.

-Lugo, A-6 (acceso 497, O Ceao), Rábade, Begonte, A-6 (acceso 540, Curtis), A-9 (acceso 16) A-6 e Santiago de Compostela.

-Albaredo, Os Remedios, Vilanova, Louredo e Pacios.

-A Pobra de San Xiao, Neira, Bande, Vilaleo, Carracedo, Láncara, Covas, Quintá de Riba de Neira, Pousada, Barralla, Arroxo, Teixeira, Vilachambre e Guimarei.

-A-6 (acceso 540, Curtis), N-634/N-547 e Santiago de Compostela.

-Conturiz, Seoane, Cabanas, Chamoso, Quinte, A Ponte de Neira, Vilarmosteiro, Trebolle (O Páramo), Cendoi, As Eiras, Vilar, Pedrouzos e Portomarín.

-Escairón, Currelos, Pacios (Paradela) e Portomarín.

-Monforte de Lemos, Canaval, Ferreira de Pantón, Os Peares, As Lagoas e Ourense.

-Escairón, Santa Mariña, Eiré e Ferreira de Pantón.

-Quiroga, Ribeira, Barreiro, Fisteus, Bustelo de Fisteus, Vesarredonda e Outeiro.

-Chantada, Asma, Sobreira, Limiñón, San Vicente e Alto do Faro.

-Sobreira, Quintela, Xoanín, Esmeriz e Esmoriz.

-Nadela, Pedrafita do Cebreiro, Villafranca del Bierzo, Toral de los Vados, Coas e O Barco de Valdeorras.

2. Prohibicións de tráfico.

-De e entre Santiago de Compostela e Lalín, puntos intermedios e viceversa.

-De e entre Escairón e Monforte de Lemos, puntos intermedios e viceversa, nas expedicións que circulan por Ferreira de Pantón.

-De e entre A Rúa e O Barco de Valdeorras, puntos intermedios e viceversa.

-De e entre Monforte de Lemos e Ourense, puntos intermedios e viceversa.

-De Lugo para Ourense e viceversa.

-De e entre Nadela e Pedrafita do Cebreiro pola N-VI e A-6, puntos intermedios e viceversa.

-Do tramo Nadela-Pedrafita do Cebreiro pola N-VI e A-6, excluído Nadela, para o tramo Nadela-Lugo e viceversa.

-Nas expedicións que discorren entre Lugo e Santiago de Compostela pola A-6 e A-9 e pola A-6 e N-634, non se pode realizar tráfico ningún de Lugo para Santiago de Compostela e viceversa.

-De Rábade para Begonte e viceversa.

-De Rábade e Begonte para Lugo e viceversa.

De e entre Foilebar e Escairón, puntos intermedios e viceversa.

Do tramo Foilebar-Escairón, excluído este último punto, para Monforte de Lemos e viceversa, e dese mesmo tramo para o tramo Escairón-Monforte de Lemos, ámbolos puntos incluídos, por Ferreira de Pantón e viceversa.

-De e entre Foilebar e Portomarín, puntos intermedios e viceversa.

-Do tramo Foilebar Portomarín, excluído este último punto, para Lugo e viceversa.

-No tramo comprendido dentro da provincia de León, entre Covas e Pedrafita do Cebreiro, só se poderán realizar paradas para coller e deixar viaxeiros con destino a paradas da concesión dentro de Galicia. Os tráficos de Villafranca del Bierzo e Toral de los Vados con Galicia, e viceversa, manteranse con carácter provisional, nos termos actualmente autorizados, ata que se pronuncie ó respecto a Administración xeral do Estado.

3. Expedicións.

Lugo-Sarria-Monforte de Lemos-Chantada-corredor central CRG 22-Lalín-Santiago de Compostela (185 km).

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Monforte de Lemos-Canaval-Ferreira de Pantón-Escairón-Chantada-corredor central CRG 22-Lalín-Santiago de Compostela (134 km).

-Unha expedición de ida os domingos e festivos véspera de día lectivo.

-Unha expedición de volta os venres lectivos.

-Unha expedición de volta os días lectivos véspera de festivo.

Guimarei-Baralla-A Pobra de San Xiao-Lugo (48 km).

-Unha expedición os luns e venres laborables.

Sarria-Céltigos (9 km).

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Pintín-Sarria (7 km).

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres lectivos.

Pedrafita do Cebreiro-Triacastela-Sarria-Lugo (86 km)

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

En días nos que estea cerrada ó tráfico a estrada LU-634, no Alto do Poio, por causa de neve, os tráficos atendidos con esta expedición poderán atenderse mediante a realización dos seguintes servicios:

Hospital-Pedrafita do Cebreiro-A-6-Lugo.

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Fonfría-Triacastela-Sarria-Lugo.

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Toldaos-Triacastela (5 km).

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres lectivos.

O Barco de Valdeorras-A Rúa-Quiroga-Monforte de Lemos-Chantada-corredor central CRG 22-Lalín-Santiago de Compostela (189 km).

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

-Unha expedición de ida e volta os sábados laborables.

-Unha expedición de ida e volta os domingos e festivos véspera de lectivo.

O Barco de Valdeorras-N-120/A-6-Pedrafita do Cebreiro-A-6-Nadela-Lugo-A-6/A-9-Santiago de Compostela (261 km).

-Unha expedición de ida os domingos e festivos véspera de día lectivo.

-Unha expedición de volta os venres lectivos.

-Unha expedición de volta os días lectivos véspera de festivo.

O Barco de Valdeorras-Monforte de Lemos-Ourense (109 km).

-Dúas expedicións de ida e volta diarias.

O Barco de Valdeorras-Monforte de Lemos-Sarria-Lugo (128 km).

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

O Barco de Valdeoras-Monforte de Lemos-Lugo-A-6-N-634-Santiago de Compostela (249 km).

-Unha expedición de ida os domingos e festivos véspera de día lectivo.

-Unha expedición de volta os venres lectivos.

-Unha expedición de volta os días lectivos véspera de festivo.

Lugo-Sarria-Monforte de Lemos (61 km).

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

-Unha expedición de ida e volta os sábados laborables.

-Unha expedición de ida e volta os domingos e festivos.

Lalín-Alto do Faro-Limiñón-Chantada-Monforte de Lemos-Sarria-Lugo (132 km).

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Escairón-Monforte de Lemos-Sarria-Lugo (76 km).

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

-Unha expedición de ida e volta os sábados laborables.

-Unha expedición de ida e volta os domingos e festivos.

Ferreira de Pantón-Canaval-Monforte de Lemos-Sarria-Lugo (75 km).

-Unha expedición de ida os domingos e festivos véspera de lectivo.

-Unha expedición de volta os venres lectivos.

-Unha expedición de volta os días lectivos véspera de festivo.

Chantada-Sobreira-Esmoriz (13 km).

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables en período lectivo.

Outeiro-Quiroga (17 km).

-Unha expedición de ida e volta os luns e venres laborables en período lectivo.

-Unha expedición de ida e volta os días 10 e 27, laborables, de cada mes.

-Unha expedición de ida e volta os días lectivos seguintes a día festivo.

Pacios-Albaredo-Sarria (12 km).

-Unha expedición de ida e volta os días 6 e 20 de cada mes.

Sarria-Albaredo-Os Remedios (5 km).

-Oito expedicións de ida e volta os días 8 e 9 de setembro de cada ano.

Sarria-Triacastela-O Cebreiro (50 km).

-Unha expedición de ida e volta os días 8 e 9 de setembro de cada ano.

Monforte de Lemos-Sarria-Triacastela-O Cebreiro (79 km).

-Unha expedición de ida e volta o día 9 de setembro de cada ano.

Monforte de Lemos-Quiroga-O Barco de Valdeorras-Pedrafita do Cebreiro-O Cebreiro (132 km).

-Unha expedición de ida e volta o día 9 de setembro de cada ano.

Lugo-Sarria (32 km).

-Dúas expedicións de ida o día 6 de outubro de cada ano.

-Dúas expedicións de ida o Domingo das Mozas (San Froilán) de cada ano.

-Tres expedicións de ida o luns seguinte ó Domingo das Mozas (San Froilán).

-Unha expedición de ida o día 13 de outubro de cada ano.

Baralla-A Pobra de San Xiao-Lugo (42 km).

-Unha expedición de ida e volta os martes, mércores e xoves laborables.

Escairón-Portomarín-Trebolle (O Páramo)-Lugo (78 km).

-Unha expedición de ida e volta os luns e venres laborables.

4. Tarifas.

-Tarifa aplicable:

* Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 0,061905 A.

* Tarifa usuario: 0,066238 A.

* Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 0,009286 A.

Contra a citada orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados ámbolos dous prazos a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2002.

María José Bravo Bosch

Directora xeral de Transportes