Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 24 de xullo de 2002 Páx. 11.596

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2002, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-1078; XG-061, Friol-Lugo-Gude, con anexos, por substitución da concesión V-1078; XG-061, de igual denominación.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, mediante Orde do 3 de abril de 2002, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa Autobuses Urbanos de Lugo, S.A., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-1078; XG-061, Friol-Lugo-Gude, con anexos, por substitución da concesión V-1078; XG-061, de igual denominación, de acordo, entre outras, coas seguintes condicións particulares:

1. Itinerarios e puntos de parada.

-Friol, Narla, As Carpaceiras, Ousá, Santalla de Pena, Donalbai, Gaioso, Uriz, Rábade, Outeiro de Rei, Robra, O Castro, Pontenova, Ramil (cerámica), Ramil, empalme de Cotá, A Tolda de Meilán, Garabelos, Lugo, Sanfiz, A Tolda de Castela, Mesón Lavao, Conturiz, Mesón Cuco, Nadela, A Casilla, Ponte do Vao, Laxosa, Cabreiros, Chamoso, empalme estrada Adai, Abuín, Pedrafita, Adai e Gude.

-Queizán, Adai e Vilachá.

-Rábade, Begonte e Donalbai.

-Outeiro de Rei e centro penitenciario de Bonxe.

2. Prohibicións de tráfico.

-De Friol para Lugo e viceversa (esta prohibición de tráfico refírese a tódalas paradas que se efectúen en Lugo a partir de Ramil, excluída esta).

-De e entre Begonte e Rábade, puntos intermedios e viceversa.

-Do tramo Begonte-Rábade, excluído Rábade, para calquera dos puntos comprendidos no tramo Rábade-Lugo, e viceversa.

3. Expedicións.

Lugo-Nadela

-Seis expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

Adai-Lugo

Tres expedicións de ida e volta os sábados, domingos e festivos.

Gude-Adai-Lugo

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Queizán-Adai-Lugo

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Vilachá-Adai-Lugo

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Lugo-Rábade

-Unha expedición de ida e volta os sábados, domingos e festivos.

-Cinco expedicións de ida e volta de luns a venres laborables en período non lectivo.

-Cinco expedicións de ida e volta de luns a venres laborables en período lectivo.

Friol-Santalla de Pena-Begonte-Lugo

-Unha expedición de ida e volta os días lectivos.

-Unha expedición de ida e volta os sábados laborables, domingos e festivos.

Donalbai-Gaioso-Uriz-Lugo

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables

Lugo-Outeiro de Rei-Centro Penitenciario Bonxe

-Unha expedición de ida e volta diaria.

4. Tarifas.

Tarifa aplicable:

Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 0,053390 A.

Tarifa usuario: 0,057127 A.

Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 0,008009 A.

Contra a citada orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición

no prazo dun mes ante este mesmo órgano, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados ámbolos dous prazos a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2002.

María José Bravo Bosch

Directora xeral de Transportes