Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 23 de xullo de 2002 Páx. 11.547

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (375/2002).

Eu, Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo número 375/2002, seguidos por instancia de Eduardo Fandiño Lema contra a empresa Crogal, S.L. e outro sobre despedimento, dictouse a sentencia co encabezado e parte dispositiva que di:

«Sentencia. En Lugo o dezanove de xuño de dous mil dous. Vistos, por Mª de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, os presentes autos de xuízo verbal nº 375/2002, sobre reclamación por despedimento, no que son partes como demandante Eduardo Fandiño Lema, asistido polo letrado Xermán Vázquez Díaz e como parte demanda a empresa Crogal, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), os cales non compareceron malia estaren citados en legal forma.

Resolvo que estimando a demanda interposta por Eduardo Fandiño Lema, sobre despedimento, contra a empresa Crogal, S.L., debo declarar e declaro a improcedencia del e, en consecuencia, debo condenar e condeno a devandita empresa a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentencia, opte entre a readmisión do traballador Fandiño Lema ou o aboamento dunha indemnización de cincocentos euros con dezaoito céntimos de euro (500,18 A), entendéndose que de non opta-lo empresario pola readmisión ou pola indemnización procede a primeira; e, ademais, nun ou noutro caso, ó pagamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a de notificación da sentencia, a razón de 27,11 euros diarios de soldo, e que ata a data desta resolución ascenden á suma de tres mil cento dezasete euros con sesenta e cinco céntimos de euro (3.117,65 euros). Absólvese ó Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sen prexuízo da súa eventual e ulterior responsabilidade subsidiaria en caso de ser

declarada a insolvencia empresarial. Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que, contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia-A Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste xulgado do social, logo de depósito das cantidades obxecto de condena, e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral, e, en especial, o

disposto no seu artigo 228, consistente en que será indispensable que o recorrente que non gozase do beneficio da xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo recurso de suplicación, ter consignado na conta de depósitos e consignacións nº 2322-61-nº de autos 375/2002, que este Xulgado do Social ten aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, desta cidade, r/ da Raíña, nº 1, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que se deberá facer consta-la responsabilidade solidaria do avalista. O xustificante de consignación en metálico ou, se é o caso, o documento de aseguramento, nos que deberá facer consta-lo número de procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño deles para a súa unión nos autos, facilitando o oportuno recibo, máis o depósito de 150,25 euros, prevido por esta clase de recursos que deberá constituírse na mesma conta nº 2322-65-nº de autos 375/2002 do Banco Bilbao-Vizcaya, que

para tal efecto e baixo a denominación de recurso de suplicación existe, debendo entregarse os xustificantes na secretaría deste xulgado no momento de se interpoñe-lo recurso, en caso de se-la empresa demandada condenada que o interpuxese, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal.

Así por esta miña sentencia definitiva, pronúncioo, mándoo e asínoo. María de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado.

Publicación. Lida e publicada a anterior sentencia pola maxistrada que a subscribe, estando celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu secretario certifico. Rafael González Alió. Rubricado».

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que lle sirva en forma á empresa Crogal, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo o dezanove de xuño de dous mil dous.

Rubricado