Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 23 de xullo de 2002 Páx. 11.548

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 13 de xuño de 2002, do recadador de zona da Coruña, polo que se relacionan dilixencias de embargo pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan (Manufacturas Cafor, S.L. e catro máis).

O recadador da Comunidade Autónoma de Galicia, titular da zona da Coruña, por medio do presente anuncio comunica que se seguen neste órgano de recadación procedementos administrativos de cons

trinximento contra os debedores que se sinalan na relación que se xunta, segundo establece o artigo 110 do Regulamento xeral de recadación. Nos devanditos expedientes practicouse dilixencia de embargo sobre os bens que aparecen como propiedade dos debedores; dilixencia que non lles puido ser notificada ós interesados malia ós intentos feitos neste sentido. A referencia da dilixencia é a que sinala no anexo.

Dos embargos que se citan tomarase nota no rexistro que corresponda, a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, emprázanse os interesados, ou os seus representantes, para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de recadación (Zona de Recadación da Coruña, r/ Comandante Fontanes 17-1º A) no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte o do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 13 de xuño de 2002

Nazario Villalva

Recadador da zona da Coruña

ANEXO

INTERESADONIFDATA DA

DILIXENCIA

DESCRICIÓN DO BEN

MANUFACTURAS CAFOR, S.L.B-150357699-4-2002PREDIO 4117; REX. PROP. SANTIAGO COMPOSTELA 1

PROMOTORA EL HÓRREO, S.A.A-1516549120-5-2002PREDIO 79.784-N; REX. PROP. A CORUÑA 1

PROMOTORA EL HÓRREO, S.A.A-1516549120-5-2002PREDIO 79.782-N; REX. PROP. A CORUÑA 1

PROMOTORA EL HÓRREO, S.A.A-1516549120-5-2002PREDIO 79.780-N; REX. PROP. A CORUÑA 1

RÍOS VÁZQUEZ, FERNANDO32379004-H30-8-2001PREDIO 17475.0; REX. PROP. BETANZOS