Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 23 de xullo de 2002 Páx. 11.548

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 17 de xuño de 2002, da Dirección Xeral de Tribuntos, polo que se relaciona notificación de posta de manifesto de actuacións de expediente de afección de bens pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Samilocio, S.L.).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase notificación de posta de manifesto de actuacións de expediente de afec

ción de bens pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio Central de Recadación da Dirección Xeral de Tributos en aplicación do artigo 22 da Lei 1/1998, do 26 de febreiro, de dereitos e garantías dos contribuíntes.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o Servicio Central de Recadación da Dirección Xeral de Tributos, con enderezo en San Caetano nº 3, soto, das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2002.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos

ANEXO

Suxeito pasivo: Grolar S.L., CIF B-36624906.

Obrigado ó pagamento: Samilocio, S.L. CIF B-36.800.027.

Importe: 4.140,03 A.

Zona de recadación: Lugo.