Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 22 de xullo de 2002 Páx. 11.457

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (603/2001-EV).

Eu, Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, certifico que nos autos de separación número 603/01-EV seguidos neste xulgado por instancia de María Luisa Melo Otero contra José Amado Rodríguez, recaeu sentencia, co encabezamento e decisión xudicial que se transcriben a seguir:

«Sentencia.

Na Coruña o 27 de febreiro de 2002.

Vistos por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, os presentes autos de separación contenciosa seguidos neste xulgado

co número 603/2001 por instancia de María Luisa Melo Otero, representada pola procuradora Susana Prego Vieito e defendida polo letrado Carlos Sánchez Rodilla, sendo parte demandada José Amado Rodríguez, en situación procesual de rebeldía.

Vistos os artigos de pertinente e xeral aplicación,

Decido que, estimando en parte a demanda interposta pola procuradora Susana Prego Vieito, en nome e representación de María Luisa Melo Otero, contra José Amado Rodríguez, debo declarar e declaro a separación do matrimonio constituído por José Amado Rodríguez e María Luisa Melo Otero, celebrado no Carballiño o 24 de abril de 1999, con tódolos efectos legais inherentes a tal pronunciamento e debo acordar e acordo as seguintes medidas:

1. Queda-lo fillo baixo a garda e custodia da nai compartindo ámbolos proxenitores a patria potestade.

2. Fixar en 150,25 euros mensuais, máis a cuarta parte das pagas extraordinarias, a cantidade que o demandado lle aboará á actora, por mensualidades anticipadas e dentro dos cinco primeiros días de cada mes, polo concepto de alimentos para o fillo e en 90,15 euros mensuais, durante cinco anos, que lle satisfará en concepto de pensión compensatoria, cantidades que ingresarán na conta que a demandada designe e que será actualizada anualmente con efecto do 1 de febreiro, de acordo coas variacións que experimente o índice de prezos ó consumo.

3. Diferir para o trámite de execución, o establecemento, se é o caso, dun réxime de visitas, a favor do pai.

Sen imposición de custas.

Notifíqueselle esta resolución ó demandado rebelde.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de apelación que se interporá por escrito ante o mesmo xulgado no termo de cinco (5) días desde a súa notificación.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

O relacionado é certo e cadra ben e fielmente co seu orixinal, e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o catorce de xuño de dous mil dous.

A secretaria

Rubricado