Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 22 de xullo de 2002 Páx. 11.457

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2002 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de fisioterapia, do departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde, a José Manuel Pazos Rosales (praza 52/2001).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por resolución desta universidade do 17 de xullo de 2001 (BOE do 4 de agosto), para a provisión dunha praza de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de fisioterapia, do departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde, en prol de José Manuel Pazos Rosales, con documento nacional de identidade número 35281541-R, e cumprindo o interesado os requisitos do epígrafe 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Manuel Pazos Rosales profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de fisioterapia, do departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado perante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo antes citado namentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 27 de xuño de 2002.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo