Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 22 de xullo de 2002 Páx. 11.458

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZAOITO DE MADRID

EDICTO-CÉDULA de citación (testamentarías 284/1999).

En virtude do acordado en resolución desta data dictada no xuízo de testamentaría seguido neste Xul

gado de Primeira Instancia número dezaoito de Madrid por falecemento de Dolores Couzo Longueira, coa referencia que consta na parte superior, promovido pola procuradora María Luisa Argüelles Elcarte, en nome de Enrique Couzo Longueira, por medio deste edicto cítase o interesado que máis abaixo se dirá para que no termo de quince días compareza no xulgado, representado polo procurador e defendido polo letrado, facendo uso do seu dereito, apercibíndoo de que se non comparece se seguirá o xuízo en rebeldía sen volvelo citar.

E para que lles sirva de citación a Manuela Couzo Longueira, de quen se ingora o paradoiro, os coñecidos heredeiros José e Manuel Folgar Couzo, dos que se descoñece o paradoiro, e ignorados herdeiros de Dolores Couzo Longueira, e para a súa publicación no BOCAM, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido este edicto en Madrid o 10 de abril de 2002.

O secretario

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA